Mobilización: machistas fóra das institucións

Vivimos tempos de absoluta EMERXENCIA, dous feminicidios, intentos frustrados, denuncias de agresión e un Conselleiro da Xunta do PP acusado de agresión sexual despedido entre aplausos polo goberno cun presidente do PP que desexa "recuperalo pronto para a vida pública".
Abonda de silencio e complicidade, toca reaxir e pasar á ofensiva feminista nomeando aos responsábeis: o PP que fai do goberno unha institución inútil para combatir a violencia.
Este mércores en todo o país mobilizámonos para reclamar políticas de loita contra a violencia a quen goberna este país, o Partido Popular.
Máis información: https://feminismo.info/feminismo/blog/machistas-fora-das-institucions/
1 month ago
Avenida Raíña Vitoria Uxía, Pontevedra
Avenida Raíña Vitoria Uxía, Moureira de Abaixo, Pontevedra, Galicia, 36413