Pontevedra.social é unha web feita para ofrecer unha axenda dixital ao tecido asociativo e as distintas organizacións culturais, políticas e sociais na comarca de Pontevedra. Calquera coletivo pode rexistrarse e pendurar eventos, que aparecerán no calendario da web.
Os eventos estarán suxeitos a moderación e deberán cumprir as seguintes regras básicas:
Non están permitida de ningunha maneira a participación de coletivos que vulneren dereitos humanos, e por extensión non se aceptarán contidos machistas, racistas, lgbtfóbicos, aporofóbicos nin ningún outro tipo de discriminación ou discurso supremacista.
Non están permitidos os eventos comerciais (por exemplo, para promocionar un produto ou servizo comercial), nin os organizados por empresas con ánimo de lucro.
Os eventos con temática política están permitidos en xeral, mais fican excluídos os mítins de campaña electoral en particular.
pontevedra.social é unha web montada a través de Gancio, e feita por coegho (@coegho@mastodon.gal).