Acto por Palestina no Liceo Mutante
Música, cinema e poesía contra o xenocidio israelí en Gaza e a prol da autodeterminación de Palestina: ese é o resumo de 'O nacemento dura máis do que a morte' (un verso do poeta gazatí Mohammed El-Kurd).
A entrada ao acto será por billeteira inversa. O recadado doarase á UNRWA. O programa, que comezará ás 18.00 horas, é o seguinte:
18.00 horas: cinema, coa proxección de Película urgente por Palestina (2012), de Alberte Pagán, e Mulleres palestinas (1973), de Jocelyne Saab
18.30 horas: conversa con Sandra Garrido e Manu Lopez, integrantes galegos da Global Sumud Flotilla a Gaza
19.30 horas: lectura de poemas de poetas gazatís actuais, traducidos ao galego por Magali
20.00 horas: concertos con As cousas que arden, Võ Chí Công Ensemble e O Leo.
Estxs son xs participantes:
Alberte Pagán é un dos máis importantes cineastas galegos. Especialista en cinema experimental, tamén é novelista, poeta, ensaísta e tradutor, e militante internacionalista de longa data.
Jocelyn Saab (1948-2019) foi unha cineasta libanesa comprometida coa esquerda revolucionaria e a causa palestina.
Sandra Garrido é unha avogada galega que participou na última flotilla solidaria que entrou en augas territoriais palestinas ate que foi inteceptada polo exército israelí.
Manu López é un mariñeiro galego, capitán do veleiro Meteque, integrado na última Global Sumd Flotilla.
As cousas que arden son unha banda de punk anarquista dalgún recuncho entre o Porto dos Bois e o Rego dos Pereiros, no corazón da comaraca de Terra de Montes. Primeiro e poida que derradeiro concerto.
Võ Chí Cong Ensemble é un quintento composto por Marcos Flórez (baixo e percusión), Che Garrido (saxo, frautas, percusión), Luís Garrido (saxofóns), Alexandre Losada (guitarra e percusións) e Daniel Salgado (percusión e textos) cuxa música se move entre a libre improvisación, o ruidismo e unha aproximación antiacadémica a certo jazz.
O'Leo de Matamá é un dos máis activos músicos da escena galega, ademais de poeta e actor. Na súa penúltima reinvención propón unha emocionante achega á canción de intervención desde unha óptica punk.
O cartaz é obra das amigas da @oficinarua